Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A cea da Festa do Emigrante de San Xoán de Río reúne a unhas 300 persoas

Entre as múltiples e variadas citas do verán cultural de San Xoán de Río figura a Festa do Emigrante. Iniciábase na noite do 9 de agosto ás 22h. cunha cea popular no pavillón deste concello. Unhas 300 persoas desfrutaban do seu menú a base de empanada, carne ao caldeiro, bica e bebida.

Neste sábado 10 de agosto os nenos desfrutarán dunha festa da escuma e inchables, de 17:30h. a 20h. Tamén haberá campionato de futbolín e dardos (organiza Bar Cruceiro), tiro ao prato (Gini), e logo verbena da Festa do Emigrante.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button