ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A cea popular de Lentellais (O Bolo) reúne a 180 persoas

Esta cita gastronómica estaba incluída no programa das festas que esta localidade celebraba do 10 ao 12 de agosto

Cunha concurrida cea popular principiaban na noite do 10 de agosto os actos das festas patronais en Lentellais (O Bolo) na honra de San Simón. Unhas 180 persoas (cifra superior á da pasada edición) compartían mesa na carpa da festa (situada fronte á igrexa) e degustaban un menú formado por entremeses, paella, bica, viños e licores.

O menú comezaba a servirse xusto despois da lectura pregón. Malia que estaba prevista a presenza Dinio neste acto, finalmente non puido acudir por motivos persoais e o pregón líao Felipe. De seguido, comezaba a cea e despois á música co grupo de música cubano Son Tres que amenizaban a sobremesa e a noite nun ambiente moi animado.

Fotos: Torfy.

Artigos relacionados

Back to top button