CulturaCulturaÚltima hora

A “cegueira branca” de Saramago, da man de Sarabela Teatro no Barco

Esta obra, adaptación da novela “Ensaio sobre a cegueira”, representarase o 26 de febreiro ás 21h.no Teatro Lauro Olmo
Unha das esceas de "Ensaio sobre a cegueira" de Sarabela Teatro. Foto: Sarabela Teatro.
Unha das esceas de “Ensaio sobre a cegueira” de Sarabela Teatro. Foto: Sarabela Teatro.

Mentres agarda na beirarrúa a que un semáforo cambie de cor para cruzar a estrada, un home fica cego subitamente. A partir de aí, como se dunha epidemia se trátase, unha extraña “cegueira branca” exténdese imparable pola cidade. Así arranca “Ensaio sobre a cegueira”, a novela do escritor José Saramago que Sarabela Teatro vén de levar aos escenarios.

A súa proposta, con dirección de Ánxeles Cuña Bóveda (autora tamén da adapación da novela ao teatro) e cinematografía de Jorge Coira (18 Comidas) e Gaspar Broullón, poderá verse o vindeiro venres 26 de febreiro ás 21h. no Teatro Lauro Olmo do Barco. A obra conta cun elenco de actores formado por Josito Porto, Nate Borrajo, Xavier Estévez, Jorge Casas, Sabela Gago, Vicente Montoto, Elena Seijo, Fernando Dacosta e Fina Calleja.

Nesta peza, cunha duración de 90 minutos, reflexiónase de xeito inquietante sobre o mundo actual, a moral, a práctica da lei, a solidariedade, a ética… “Ensaio sobre a cegueira” é, segundo se indica dende a Concellería de Cultura do Barco, “a ficción dun autor que nos alerta sobre a responsabilidade de ter ollos cando outros xa os perderon“.

Artigos relacionados

Back to top button