ConcellosEn portadaÚltima horaVídeos

A celebración da vitoria de Biden en EE.UU. captada por valdeorreses en Nova York

Brandon Kara e Marisú Miranda celebrando a vitoria de Biden en NY.

 

As eleccións á presidencia de EE.UU. xa teñen vencedor. Tras varios días de reconto o candidato demócrata Joe Biden lograba superar os 270 votos electorais ao vencer en Pensilvania, superando así ao seu rival e actual presidente, o republicano Donald Trump.

Unha vitoria que a poboación de Nova York saía a celebrar na xornada deste sábado 7 de novembro. Entres eles, subscritores do Periódico O Sil como Marisú Miranda que gravaba a celebración no estado de Nova York. “A xente está moi contenta, todos berrando e algúns ata chorando”, explica a barquense residente en Chelsea. Estes vídeos así o demostran.

 

 

 

 

Vídeos cedidos

Artigos relacionados

Back to top button