Galerías de fotosÚltima hora

A celebración do 8 de marzo en Verín

Publicidade
Gran participación nos actos convocados polas entidades sociais da comarca

Ás 12h deste 8 de marzo tiña lugar unha xuntanza comarcal para as mulleres na praza do Concello de Verín, que serviu de punto de encontro para crear un espazo comunitario. Media hora despois procedíase a dar lectura a un manifesto co fin de visibilizar as denuncias e esixencias baixo o lema “Mulleres diversas e con iguais dereitos”. O programa continuaba cunha performance infantil “en representación da igualdade” contaba cas e cos máis cativos como protagonistas dunha xornada cargada de reflexións sobre os dereitos conquistados e reivindicacións en defensa do activismo das mulleres como medio para acadar unha igualdade de xénero efectiva.

Unha das finalidades do acto foi defender o carácter liberalizador do traballo feminino, empoderando a mulleres do rural e diversas, e respaldar a sororidade como mecanismo para erradicar a discriminación da muller así como incluír a infancia para reflexar a importancia de traballar a prol da igualdade dende idades temperás. O CIM, a Federación Provincial de Mulleres Rurais (FEMURO), C.D.R. Portas Abertas e Cruz Vermella agradecen a gran participación no acto central do 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.

Nas vindeiras semanas, as catro entidades dinamizarán actividades e talleres a prol da igualdade nos diferentes centros educativos da comarca, buscando promover valores de igualdade dende os máis cativos.
O CIM Centro de Información a Muller desenvolverá diferentes iniciativas para empoderar ás mulleres e loitar contra a desigualdade e a violencia de xénero. Estas actividades incluirán proxectos creativos a través da fotografía e o audiovisual e tamén talleres de empoderamento e formación que se irán desenvolvendo ó longo do ano, tamén destinados á profesionais da comarca.

Fotos: Concello de Verín.

 

Artigos relacionados

Back to top button