Galerías de fotosSanidadeÚltima hora

A celebración do centenario do Colexio de Enfermería de Ourense, en imaxes

 

Neste 2020, ano que vén de poñer de relevancia o papel da enfermería na loita contra o coronavirus, a Organización Colexial de Enfermería de Ourense cumpre cen anos. Un aniversario moi especial e que se celebraba o 11 de novembro cun acto ao libre (entre estritas medidas de seguridade fronte ao Covid-19) na capital da provincia, coincindo coa celebración de San Martiño.

Conmemorábase o nacemento da profesión coa inauguración de “Luz Aurea”, unha escultura que homenaxea á enfermería e que é obra de Gonzalo Eiriz. Está colocada nos xardíns de entrada ao edificio novo do Hospital Universitario de Ourense.

Ademais presentábase o libro “Cien Años de Historia del Colegio Oficial de Enfermería de Ourense​”, do escritor Carlos Álvarez Nebreda, que percorre a traxectoria desta organización colexial dende a data da súa creación oficial, en xuño de 1920.

 

 

Tamén se lle rendía tributo aos colexiados. María Ángeles Gómez e Manuel Pulido Picouto foron homenaxeados en representación “de todas as compañeras e compañeiros que levan toda a vida exercendo a profesión enfermeira”.

Neste acto a xunta de goberno do Colexio Oficial de Enfemería de Ourense, que preside Ascensión Pérez, estaba acompañada por autoridades locais, da administración galega e do Sergas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:
https://www.osil.info/o-colexio-de-enfermeria-de-ourense-cumpre-100-anos-homenaxeando-a-profesion-cunha-escultura-e-cun-libro/

Artigos relacionados

Back to top button