EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO celebra un Webinar sobre os ERTEs de forza maior

Terá lugar hoxe, 10 de xuño, ás 19:00h. a través da plataforma de videoconferencias Zoom

A CEO celebra hoxe, 10 de xuño, un Webinar organizado conxuntamente con Garrigues, titulado “Xa presentei un ERTE de forza maior, e agora que?”. Terá lugar ás 19:00h. a través da plataforma de videoconferencias Zoom.

O Webinar será presentado por Marisol Novoa, presidenta da CEO. Así, os poñentes serán Carlos García Barcala, socio do departamento de Dereito Laboral e responsable da práctica laboral en Galicia; Borja Ríos González, asociado principal do departamento de Dereito Laboral e responsable da práctica laboral en Vigo; José Fernández Iglesias, asociado principal do departamento de Litigación e Arbitraxe e responsable da práctica penal en Galicia; e por último, Nicolás Santos Padín, socio do Departamento Tributario e responsable da práctica tributaria en Vigo.

Os poñentes do Webinar.

 

Así, analizaranse, desde un punto de vista práctico, as distintas ferramentas coas que contan as empresas á hora de facer fronte ao impacto económico e social do COVID-19 en materia laboral. Os temas a tratar serán os seguintes:

– Que facer ante a denegación pola autoridade laboral dos expedientes de forza maior?

– ERTEs baseados en causas ETOP (económicas, técnicas, organizativas e produtivas).

– A garantía de mantemento do emprego trala aplicación dun ERTE.

– Expedientes de regulación de emprego de carácter extintivo.

–  Medidas de flexibilidade e conciliación da vida familiar.

– Moratoria e aprazamento no pago das cotizacións á Seguridade Social.

– Prevención de riscos desde a perspectiva laboral e penal na época do Covid-19.

– Implicacións fiscais dos ERTEs, tanto para o empregado como para a empresa.

 

Artigos relacionados

Back to top button