EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO lanza unha enquisa online para coñecer o alcance real da crise do coronavirus nas empresas ourensás

 

Co fin de poder coñecer o alcance que a crise do coronavirus está a ter en empresas e traballadores afectados en toda a provincia, a Confederación Empresarial de Ourense (CEO) vén de elaborar unha enquisa que pode cumprimentarse online.

Desta maneira búscase “obter datos cos que compatibilizar as axudas que se poden poñer en marcha a nivel provincial coas estatais e autonómicas, ademais de coñecer o número de empresas e traballadores que se ven afectados por esta crise o alcance da súa situación. Todo isto servirá para definir mellor o tipo de medidas e importe das axudas a empresas ourensás”, tal e como explican dende a CEO.

Dende a confederación considérase “vital” coñecer estes datos para poder “trasladar ás institucións a situación e o que realmente necesitamos para superar esta situación”. A enquisa é breve, anónima e apenas se tarda dous minutos en contestar.

Pode realizarse no seguinte enlace:

https://forms.gle/9nc5kMFeKi6szkDZ8

Artigos relacionados

Back to top button