EconomíaEconomíaÚltima hora

A CEO organiza unha sesión de traballo con empresas de Galicia e o norte de Portugal

Durante a reunión compuxéronse cinco grupos  de traballo nos mercados de Singapur, Polonia e EE.UU

 

 

A Confederación Empresarial de Ourense (CEO) organizou unha sesión de traballo, onde participaron dezasete empresas de Galicia e o norte de Portugal para a creación de alianzas loxísticas e promocionais en mercados externos. Así, compuxéronse cinco grupos de traballo nos mercados de Singapur, Polonia e EE.UU, de podutos como viño, licores, cervexa, mel, marmeladas e produtos cárnicos.

Os grupos traballaron ademais de maneira conxunta a cooperación entre empresas para desenvolver a súa oferta común co obxectivo de “conseguir unha oferta máis forte que permita aumentar o interese dos compradores, dar resposta a pedidos de cantidades máis grandes, reforzar o posicionamento, reducir os custos de transporte e incrementar a competitividade”.

Artigos relacionados

Back to top button