CulturaCulturaGalerías de fotosMúsicaÚltima hora

A charanga BB+ pon ritmo á mañá do último día de festas na Rúa

A orquestra Olympus actuará en sesión de tarde e verbena poñendo o broche a cinco días de celebración

Ao son das bombas de palenque e do ritmo da charanga BB+, amencía o derradeiro día de festas na Rúa. A agrupación, formada por doce xoves da comarca da Ulla, percorría a vila na mañá do 5 de agosto mentres no Aguillón se desenvolvía o XXVI Torneo de Golf Rústico.

Neste “Día dos Nenos” a partir das 19:15 haberá ademais un parque infantil gratuíto e festa da escuma para diversión dos máis pequenos, no Aguillón. Por último, o baile de tarde (21:30h.) e a verbena correrán a cargo da orquestra Olympus que porá o broche de ouro a esta edición das Festas de Verán.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close