ConcellosO BarcoÚltima hora

A charanga Bicoia amenizará o Día de Santa Rita, 22 de maio, no Barco

Mañá haberá tres misas (8:30, 10:30 e 12:30 horas) pero non procesión

A charanga Bicoia xa actuou no Barco o ano pasado, no marco das Festas do Cristo./ Foto: Ángeles Rodríguez.

 

Tampouco este ano sairá a imaxe de Santa Rita polas rúas do Barco no mediodía do 22 de maio. Aínda que a situación sanitaria está moito mellor que o ano pasado e xa está inactivo o Estado de Alarma, a pandemia de coronavirus segue marcando o ritmo da actividade social e festiva, limitando as celebracións á mínima expresión.

Así será en Santa Rita, unha das festas centrais no Barco de Valdeorras, que se celebra mañá sábado 22 de maio cun programa que se limita ao apartado relixioso, con tres misas no tempo de Santa Rita recén restaurado (ás 8:30, ás 10:30 e ás 12:30 horas), pero sen procesión coa imaxe da santa, un dos actos máis esperados e multitudinarios desta festividade.

O apartado musical correrá por conta da charanga ourensá Bicoia que amenenizará a xornada cun percorrido polas rúas en horario de mañá e tarde.

 

Misa en Santa Rita en tempos de pandemia. /Foto: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button