ConcellosGalerías de fotosO BarcoÚltima horaVídeos

A Charanga Bicoia marca o ritmo no día da Santa Rita no Barco

 

Ao ritmo de pezas como “A Santiago voy” a charanga ourensá Bicoia vestía de música as rúas do Barco a partir das 11h. neste 22 de maio, no que a vila celebra a festa na horna de Santa Rita. A formación musical percorría primeiro a zona do Paseo do Malecón para despois regresar ao centro do Barco pola estrada xeral e tamén ao Malecón.

Pola tarde está previsto unha nova saída pola vila desta charanga para animar este día da Santa Rita, novamente atípico, pola situación sanitaria.

Fotos: A.R./ Carlos G. Hervella.

 

Artigos relacionados

Back to top button