A RúaConcellosÚltima horaVídeos

A charanga Europa marca o ritmo no domingo das Festas de San Roque, na Rúa

 

A situación sanitaria provocada pola pandemia de coronavirus segue condicionando os actos deportivos, culturais e lúdicos, cuns programas festivos reducidos á mínima expresión. Así e todo a música non falta e case ningún.

É o caso da Rúa Vella que nesta fin de semana debería estar celebrando por todo o alto as festa na honra a San Roque pero, aínda que a comisión de festas organizara un programa completo, dentro das posibilidades, moitas das actividades non chegaban a celebrarse como a Volta Ecolóxica ou o Zumba Street. Tampouco haberá día dos nenos nin a tradicional procesión co santo, pero na mañá deste domingo 21 de agosto, a charanga Europa poñía o son á xornada cun pasarrúas pola vila, facendo paradas que a xente aproveitaba para botar un baile, tan escasos nestes tempos.

Mañá, luns 23 de agosto, festivo local, será a Asociación Folclórica Abertal quen poña o toque musical á xornada, con pasarrúas e actuación no campo de San Roque, trala misa ao aire libre na honra ao santo prevista para as 12:30 horas.

 

Artigos relacionados

Back to top button