CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A charanga Nova Terras de Trives ameniza o día de San Antón na Rúa

 

Hoxe, luns 13 de xuño, é o día grande das Festas de San Antón en Fontei (A Rúa) e xa de boa mañá a charanga Nova Terras de Trives percorría as rúas da vila, poñendo son e ritmo ao día festivo nesta localidade valdeorresa.

Partindo da praza do Concello, onde un entregado público botou un par de bailes, a charanga desprazábase tocando pola rúa Emilia Pardo Bazán dirección á rúa Doutor Vila. Despois, en torno ás 12:30 horas acompañarán á procesión coa imaxe do Santo, amenizando tamén a sesión vermú.

 

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button