ConcellosO BarcoÚltima horaVídeos

A charanga Nova Terras de Trives pon ritmo á mañá de domingo no Barco

 

Dende as 11 horas deste 12 de setembro e no marco do programa cultural do Cristo 2021, a charanga Nova Terras de Trives poñía son e ritmo a esta mañá de domingo no Barco de Valdeorras.

Os músicos saían da praza do Príncipe e a partir de aí facían un completo percorrido polas principais rúas da localidade, achegándose tamén ata o recinto feiral, á beira do río.

Ao ritmo de clásicos pasodobres e tamén temas máis modernos, a formación trivesa amenizaba unha soleada mañá que veciños e visitantes aproveitaban nas terrazas dos bares.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button