CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

A Charanga Támega pon son e ritmo ao domingo de festa na Rúa

Esta tarde, a partir das oito no Aguillón, haberá un espectáculo de danza

 

Malia as restricións, a música non falta nestas peculiares Festas de Verán na Rúa, polo menos a das charangas.

Así, se onte era a Louband quen marcaba o ritmo pola mañá e pola tarde, percorrendo algunhas rúas da vila, na xornada deste domingo 8 de agosto son os compoñentes da Támega os que poñen a nota musical ás festas, animando á poboación.

O programa continúa pola tarde co espectáculo Propulsa que mestura música, danza, natureza e patrimonio. Será a partir das 20 horas o Aguillón, primeiro con Amparo, de Entremáns e despois con Conxurando o invisible, de Aída Colmenero Díaz coa música de Abertal.

Con todo, o prato forte deste verán cultural e lúdico na Rúa, será o concerto previsto para mañá 9 de agosto a partir das 22:30h. na Área Recreativa do Aguillón a cargo de Gisela que achegará o seu espéctaculo musical para desfrute do público familiar, no que interpreta moitos éxitos de Disney.

 

Fotos e vídeo: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button