En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A CHMS celebra o Día da Auga no río Barbantiño cun grupo de escolares de Punxín

Publicidade
A Confederación Hidrográfica Miño-Sil escolleu este escenario porque nel se está a desenvolver o proxecto “Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo” con alumnos de diversos centros

No río Barbantiño, na localidade ourensá de Punxín, vén de celebrar a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) o acto central para conmemorar o Día Mundial da Auga neste 22 de marzo. O organismo de conca escollía este escenario tendo con motivo da actividade educativa “Me gusta mi río, enséñame a cuidarlo”, na que participan escolares de 10 a 12 anos do CEIP Virxe de Covadonga de Punxín. Con ela búscase potenciar o valor ambiental dos ríos da conca e concienciar, desde a infancia, sobre a importancia da protección e conservación dos ecosistemas fluviais. Trátase dun proxecto piloto no que tamén están implicados alumnos de centros educativos de Lugo e Ponferrada.

O acto contaba coa presenza do delegado do Goberno en Galicia, Santiago Villanueva, do presidente de la CHMS, Francisco Marín; do subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro; da delegada provincial da Xunta, Marisol Díaz; así como do alcalde de Punxín, Manuel Vázquez, e do vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, entre outras autoridades. O delegado do Goberno en Galicia, o verinés Santiago Villanueva destacaba que o mellor xeito de celebrar este acto, “que facemos conxuntamente as tres administracións para conmemorar o Día da Auga”, é “cos rapaces porque é necesario poñer en valor este recurso que historicamente temos en Galicia. Trátase de concienciar e a mellor forma de facelo é concienciar aos rapaces do valor da auga en relación cos ecosistemas, e tamén darlle valor a este recurso galego, que é necesario conservar e coidar. Neste coidado da auga vai o futuro de todo, da paisaxe, de todos nós e de todas as xeracións vindeiras”.

O presidente da CHMS, Francisco Marín, referíase ademais ao proxecto educativo que se está e levar a cabo en Punxín indicando que está prevista unha tercera visita escolar a este mesmo lugar do río antes de que remate o curso. Nela van comprobar como o río é cambiante, é algo vivo, cun ecosistema asociado tamén cambiante: a flora, a fauna é distinta en cada momento. E dende a confederación, que é un organismo que depende do Ministerio de Medio Ambiente, entendemos que este labor é fundamental. Se os nenos coñecen o río, vano respectar, e se o respectan, vanno a conservar mellor, e seguramente eles mesmos nas súas casas llo transmitan ás súas familias”.

Pola súa banda, Marisol Díaz subliñaba a importancia deste tipo de actividades “para concienciar aos máis pequenos da importancia da auga e do seu uso responsable, xa que é un recurso limitado e cada vez máis valioso”. Ademais, a delegada territorial lembrou o lema elixido este ano para conmemorar esta efeméride “A resposta está na natureza” e fixo un chamamento para que os escolares comprendan que a agua e a súa calidade depende da preservación dos ecosistemas.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button