ConcellosO BoloÚltima hora

A CHMS colaborará nas xestións para recuperar a ponte de Barxa (O Bolo)

Asegura que "non formará parte da comisión creada para tal fin", se ben, colaborará coa administración local nas xestións administrativas competencia do organismo de conca"

Reunión celebrada esta mañá en Ourense.

 

Na mañá deste xoves 6 de maio, o presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), Jose Antonio Quiroga, reuníase mantivo co vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, e cos alcaldes do Bolo e da Rúa, Manuel Corzo e Álvaro Fernández, respectivamente.

No transcurso da reunión concretáronse os extremos da colaboración que exercerá o organismo de conca no proxecto de reconstrución da ponte sobre o río Xares en Barxa (concello de O Bolo), que supón un problema de mobilidade que afecta aos veciños de varios municipios. A CHMS, tal e como xa manifestara por escrito o pasado 25 de febreiro, declinou formar parte da comisión creada para tal fin, “por estar fóra da súa competencia e ser responsabilidade municipal e/ou doutras administracións”, asegura, aínda que, manifestou de novo a “disposición en colaborar en calquera cuestión legal ou administrativa co obxectivo de axilizar os trámites para o inicio da execución das actuacións”.

 

Estado actual da ponte./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

No encontro, tamén se acordou a “necesidade de pescudar o grao de responsabilidade, se o houbese, das concesionarias que xestionan as presas situadas augas arriba da ponte”. Neste sentido, a CHMS “informará acerca de se se cumpriron as normas de explotación das presas e facilitará, ademais, os datos que consten no Centro de Control de Conca ( CECU) do Organismo recolleitos polo Sistema Automático de Información Hidrolóxica (SAIH) nas datas nas que se produciron danos polo intenso caudal do río Xares, que provocou inundacións e avenidas”, aseguran dende o organismo de conca.

 

Artigos relacionados

Back to top button