Sen categorizar

A CHMS crea un novo punto de control de calidade das augas no Arenteiro ao seu paso polo Carballiño

Durante o próximo mes abordarase a construción das estacións do río Sarria en Sarria (Lugo), río Louro en Tui (Pontevedra) así como no río Deva nas Regadas, Arbo (Pontevedra)

 

Finalizan as obras para a instalación dunha nova estación do Sistema Automático de Calidade das Augas (SAICA) no río Arenteiro ao seu paso polo Carballiño (Ourense). Esta actuación ten sido realizada pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) no marco do Proxecto RISC Miño-Limia.

Os traballos foron executados na marxe esqueda do Arenteiro e consistiron na instalación dunha sonda multiparamétrica que subministrará datos en tempo real de variables físico-químicas tan importantes para a
calidade das augas como a turbidez, o osíxeno disolto, a condutividade, as concentracións de amonio ou u ph, así como a temperatura da auga.

Desta forma será posible detectar potenciais episodios futuros de contaminación accidental que se poidan producir nesta masa de auga e actuar de forma máis rápida e eficaz contra eles. Ademais poderase facer un
mellor diagnóstico e control en continuo do estado da masa de auga do río Arenteiro.

O envío dos datos desde a nova estación ata a súa recepción no centro de control de conca (CECU) da CHMS, situado na cidade de Ourense, farase vía satélite e casi en tempo real, cada 15 minutos. “Nestes momentos estamos realizando as probas e conexións necesarias para asegurar o correcto funcionamento da transmisión da información e para o volcado automático dos datos na páxina web da CHMS”, segundo este organismo de conta.

 

 

Ademais, comezaron os traballos para a implantación dos novos puntos SAICA no río Avia en Leiro (Ourense), que se prevé finalicen antes de final de ano; e durante o próximo mes abordarase a construción das estacións do río Sarria en Sarria (Lugo), río Louro en Tui (Pontevedra) así como no río Deva nas Regadas, Arbo (Pontevedra).

O orzamento global das cinco actuacións é de 206.011,13 €. Estas actuacións forman parte a actividade IV “Sistemas de control de conca e medidas de retención natural contra inundacións” do proxecto europeo
sobre prevención de riscos de Inundacións e Secas na conca internacional Miño-Limia, do Programa Operativo de Cooperación Transfronteriza España-Portugal 2014-2020.

Fotos: CHMS.

Artigos relacionados

Back to top button