OurenseÚltima hora

A CHMS entrega á Garda Civil o material de protección dispoñible no seu laboratorio de Ourense

O lote entregado consta de 2600 guantes e 84 mascarillas de proteccion FFP3, segundo informa o organismo de conca

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil facía entrega esta mañá de material de protección en stock á Comandancia da Garda Civil de Ourense. O lote entregado consta de 2600 guantes e 84 mascarillas de proteccion FFP3, segundo informa o organismo de conca.

“E unha pequena aportación de material de uso pola gardería fluvial, na toma de mostras, e polo persoal de laboratorio, na análise das mesmas”, en palabras do presidente da CHMS, José Antonio Quiroga, quen se puxo dende o inicio do estado de alarma a disposición do subdelegado do Goberno en Ourense.

“É necesario que todos sexamos conscientes de que só unidos e acatando as normas acabaremos co #covid19. Hoxe e sempre a colaboración Institucional é a clave para conseguir un obxectivo común en beneficio de todos”, indica Quiroga.

Artigos relacionados

Back to top button