OurenseÚltima hora

A CHMS investirá 95.000 euros en reforzar a rede de saneamento do río Barbaña en Ourense

O convenio de colaboración co Concello para a instalación dun novo sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponte Lebrona sae publicado hoxe no BOE

Pontelebrona.

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil e o Concello de Ourense reforzarán a rede de saneamento do río Barbaña coa construción dun novo sistema de retención de flotantes no aliviadoiro de Ponte Lebrona. O Boletín Oficial do Estado publica hoxe, martes, día 30 de marzo, o convenio entre ambas administración para a execución destes traballos, que suporán un investimento total de 95.000 euros.

O proxecto coa CHMS ten como finalidade mellorar a calidade das verteduras ao río Barbaña a través do aliviadoiro de Ponte Lebrona. As actuacións consistirán no desmonte da actual pantalla deflectora e a instalación dun equipo de retención de flotantes de tipo reixa fabricado en aceiro inoxidable e dotado dun sistema de limpeza. Tamén se executará un circuíto de control que permitirá elixir o modo de funcionamento do equipo entre manual ou automático.

O investimento, por importe de 95.000 euros, será asumido integramente pola Confederación, que se encargará tamén de licitar e adxudicar as obras que, unha vez finalizadas, serán entregadas ao Concello de Ourense para o seu mantemento e conservación.

Artigos relacionados

Back to top button