OurenseÚltima hora

A CHMS licita por 2,7 millóns de euros as obras de mellora do saneamento de Velle

 

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, licita 2.699.580 euros as obras de mellora do saneamento e depuración de augas residuais do núcleo de Velle, T.M. de Ourense. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 22 de abril ás 23:59 horas.

No momento actual, a rede de saneamento dunha parte da parroquia de Velle non está conectada ao sistema xeral de saneamento de Ourense, dispoñendo de catro fosas sépticas, cuxo funcionamento resulta moi deficiente e provoca recorrentes verteduras ao rio Miño, augas arriba do encoro de Velle, o que podería afectar á toma de auga potable situada na marxe esquerda do río.

Nese senso, as obras previstas consisten na renovación da rede de colectores existente e a execución da infraestrutura necesaria para a súa incorporación á rede de saneamento xeral da cidade, ata o seu traslado á EDAR de Reza.

Artigos relacionados

Back to top button