A choiva non freou a multitudinaria manifestación do Día de Galicia en Compostela

Comezaba ás 12:00 na Alameda e non finalizou ata case as 14:00 horas na Praza da Quintana

A multitude íase agolpando nas inmediacións do Parque da Alameda xa preto da hora de comezo, as 12:00 horas. A choiva acompañaría á manifestación dende o primeiro momento ata o último, pero iso non fixo que, según fontes da organización, 20.000 persoas se reuniran nas rúas de Santiago para celebrar este 25 de xullo, Día de Galicia.

Esta marcha, estivo capitaneada polo BNG acompañado dunha agrupación musical composta de gaitas e bombos. Ademais, unha bandeira nacionalista xigante deu paso a todas persoas que, a pesares do mal tempo, non quedaron na casa.

Así, entre berros como “Sempre en Galiza, sempre en galego” ou “Aquí está, aquí se ve, a mocidade galega en pé” ondeaban bandeiras e paraugas, ao mesmo tempo que se avanzaba por Praza Galicia e Hórreo para adentrarse de cheo na zona vella. A rúa do Vilar foi testigo dos pasos dunha multitude de persoas de todas as idades que chegarían á Praza da Quintana para escoitar as intervencións e o himno galego.

A deputada Olalla Rodil fixo de mestra de cerimonias nun escenario cheo de compoñentes do BNG como Ana Pontón, Noa Presas ou Mini. Así, despois da actuación de Son da Rúa, comezaban as intervencións. O membro da comisión permanente de Galiza Nova, Pablo Ríos, foi o encargado de comezar, para que Ana Pontón, portavoz nacional do BNG puxera o broche final. Eran as 13:40 horas cando comezou a soar en directo o himno galego, e os miles de paraugas cantaron pola patria galega.

Texto e fotos: Alba Prada.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies