CulturaCulturaGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia acurta as Xornadas de Folclore en Trives

Debido ás precipitacións, suspendíase a segunda parte deste espectáculo, que se desenvolvía na noite do 16 de agosto

Os ritmos e as danzas de Brasil, Taiwán e Rusia chegaban a Trives na noite do 16 de agosto da man das XXXII Xornadas Internacionais de Folclore. Este espectáculo traía ata a vila ao Grupo Folclórico Aruanda (Belo Horizonte, M.G.), á Taiwan Youth Dance Company de Taichung e ao Exemplary Choreographic Ensemble Druzhba da zona rusa de Arkhangelsk. Actuaban no patio do Colexio Santa Leonor que reunía a multitude de persoas.

Sen embargo, debido á chuvia que comezaba a caer cara a metade da actuación, a organización decidía interrumpir a segunda parte do espectáculo. As Xornadas de Folclore continuarán a súa xira pola provincia ata o día 19 de agosto. Entre as vilas que se visitarán figura O Barco, o martes día 18 no Malecón.

Fotos: Concello de Trives

Artigos relacionados

Back to top button