ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia impide a saída da procesión do Silencio no Barco

Os membros da confraría decidían suspendela, pero sacaban a imaxe de Xesús Nazareno ata a entrada da igrexa de San Mauro

Aínda que non había previsión de auga, sen embargo, a chuvia facíase presente neste Xoves Santo no Barco e impedía as dez da noite a saída da procesión do Silencio coa imaxe de Xesús Nazareno. Os membros da confraría agardaban uns minutos á espera que de amainase para poder celebrar a procesión, pero finalmente decidían suspendela ao ver que o tempo non cambiaba.

A pesar diso, acordaban sacar do interior da igrexa de San Mauro a imaxe de Xesús Nazareno ata a entrada do templo para que puidesen vela as numerosas persoas que esperaban no exterior para asistir á procesión. Xa coa imaxe fóra, os presentes cantaban o himno do Nazareno.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close