ConcellosÚltima horaVídeos

A chuvia non impide a ronda do fulión en Trabazos (Manzaneda)

 

O ritmo de bombos, cornos e aixadas xa se escoita nas terras de Manzaneda. Na pasada fin de semana o Fulión da Mourela p’acá iniciaba a súa ronda polas aldeas e onte, 31 de xaneiro, visitaba Trabazos.

A chuvia impedía inicialmente a saída inicial do fulión e os integrantes desfrutaban dunha cea compartida cos veciños. Despois, a auga daba unha pequena tregua que era aproveitaba rapidamente para saír á rúa. As Mázcaras iniciaban entón as súas danzas ao ritmo do fulión.

Fotos e vídeo cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button