ConcellosO BarcoÚltima hora

A chuvia obriga a cancelar a Feira do Libro do Barco na tarde deste sábado

As actividades de mañá quedan "pendentes da meteoroloxía", segundo o Concello

Publicidade

 

Aínda que nun principio a previsión meteorolóxica anunciaba escasa probabilidade de chuvia para este sábado 16 de outubro a partir das 18 horas, finalmente adiantáronse os chuvascos o que obrigaba a cancelar a Feira do Libro do Barco inaugurada esta mañá.

 

 

Trala sinatura de libros a cargo de Estefanía Padullés, ilustradora de títulos intantís como Leopoldo el pequeño monstruo para as 17 horas estaba pervisto un espectáculo de maxia, escapismo e humor a cargo de Rogelio, un paisano en recuperación; así como a sinatura de libros de Inma López Silva, Xurxo Souto e Raúl Gómez Pato. Porén, o Concello do Barco comunicaba a media tarde a suspensión de todas as actividades por mor da chuvia.

 

Segundo o programa, a feira continuaría mañá, domingo 17 de outubro, de 11 a 20:30h. con dúas actividades complementarias: sinatura de libros da poeta monfortina Monterrat Yoldi Sanmartín, ás 12horas; e recital poético de Andrea Fernández Maneiro ás 13 horas. Actividades que segundo o Concello, “están pendentes da meteoroloxía”.

 

Artigos relacionados

Back to top button