ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia obriga a suspender o enterro da sardiña no Barco

Aínda así, algúns dos integrantes do cortexo fúnebre do Meco reuníanse para cantar as coplas satíricas que acompañan este acto

Esperábase que a chuvia cesase, pero non foi así, e ao final a Concellería de Cultura do Barco decidía ás oito da tarde do Mércores de Cinza suspender a celebración do enterro da sardiña no Barco, que estaba prevista para as oito e media. Non se sacou en procesión, nin se queimou o Meco, pero si soaban as coplas satíricas que acostuman acompañar a este ritual que despide o Entroido na vila.

Así, os integrantes do cortexo fúnebre (o oficiante do enterro, carpideiras e outras persoas que se reunían na praza Maior) decidían continuar co rito dentro do Bar Buraco, compartindo pan e chourizos, mentres soaban os versos cuxa temática estrela neste ano eran as eleccións.

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close