ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia provoca desprendementos nas Ermitas (O Bolo)

O acceso á localidade polo centro do pobo está pechado

 

O paso da borrasca Elsa pola comarca de Valdeorras segue provocando incidencias. Desta volta tocoulle á localidade das Ermitas no concello do Bolo, cuxo acceso polo centro do pobo quedaba cortado por mor dos desprendementos de terra que se producían na xornada de onte.

Polo mesmo motivo, dende Protección Civil de O Bolo pregan precaución na estrada OU-0751 (a carón do río), o outro acceso á localidade.

Fotos: Protección Civil de O Bolo.

Artigos relacionados

Back to top button