En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A chuvia trunca as alfombras de Corpus no Barco

Tan só unha, realizada unicamente con materiais vexetais, pode verse na rúa Real do casco antigo da vila

Con certa rabia, tristeza e nalgúns casos ata bágoas, os veciños do casco antigo vían con impotencia como a intensa chuvia que caía dende primeira hora da mañá deste domingo 23 de maio frustraba todo o traballo desenvolvido nos últimos días de cara a despregar fermosos tapices de cores para recibir a procesión do Corpus Christi.

Algunhas alfombras estaban a medio facer e a auga, que cesaba rozando ás doce do mediodía, desfacíaas ao estar elaboradas con materias como sal tinguida de diversas tonalidades ou serrín. Unicamente pode verse un tapiz confeccionado unicamente con elementos vexetais, situado na rúa Real.

 

Ademais, un pequeno corredor verde realizado con felgos e pétalos de rosas, percorre a rúa escura ata a entrada da igrexa de San Mauro.

Esta é a primeira vez dende que se recuperaron estas alfombras nas que o tempo impide que luzan no domingo de Corpus, xa que noutras ocasións, aínda que entorpezou o traballo sempre permitíu que nese día puideran verse.

Fotos: Ángeles Rodríguez/Carlos G. Hervella.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button