DeportesÚltima hora

A ciclista do Tres Lunas Valdeorras, Susana Alonso, revalida o título de campioa de España de ultramaratón

A deportista, natural de Mos, recibía unha homenaxe por parte do Concello pontevedrés

A finais de xaneiro, o club ciclista Tres Lunas Valdeorras anunciaba orgulloso a fichaxe para o equipo elite (Tres Lunas D.O. Valdeorras-Merida Bikes) da campioa de España de ultramaratón, Susana Alonso, e dous meses despois a corredora natural de Mos (Pontevedra) revalidaba o título vestindo por primeira vez a camisola da Selección de Galicia.

Un total de 700 corredores enchían o 30 de marzo a capital da comarca do Jiloca, en Calamocha (Teruel), nunha festa da BTT na que Susana Alonso lograba o seu segundo ouro consecutivo. Os 127 quilómetros do percorrido contaron cun desnivel acumulado de 3.000 metros nos que a ciclista, que este ano competirá co equipo valdeorrés, dominou de principio a fin.

Todo un logro recoñecido non só pola afección e polo seu equipo, senón polo Concello de Mos que na tarde do 24 de abril lle rendía homenaxe. Na recepción, a ciclista mosense estivo acompañada pola alcaldesa, polo concelleiro de Deportes e demais membros da Corporación Municipal.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button