OurenseÚltima hora

A cidade de Ourense prepárase para un Nadal “atípico” adaptado ás restricións da pandemia

Os paxes dos Reis Magos repartirán caramelos a domicilio a todos nenos o día 5 de xaneiro

O Rei Melchor nunha Cabalgata polas rúas de Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

 

“Se a montaña non vai a Mahoma, Mahoma irá á montaña”, aseguran dende o Concello para anunciar que o próximo día 5 de xaneiro de 2021, os paxes das súas maxestades repartirán os caramelos dos Reis Magos a domicilio á totalidade dos nenos e as nenas de Ourense menores de 12 anos. Trátase dunha iniciativa do Concello de Ourense que fará “que unha pizca de alegría non se perda e siga chegando a todos os domicilios”, asegura o alcalde, Gonzalo Pérez Jácome.

O Concello de Ourense prepara así unhas actividades “atípicas” para un Nadal “atípico”. Debido á pandemia do Covid-19, descarta unha Cabalgata de Reis ao uso co percorrido habitual polo centro urbano da cidade, para evitar así as aglomeracións comúns da multitude. Con todo o Concello quere que as súas Maxestades estean presentes o 5 de xaneiro nun punto fixo da cidade no que recibir a algúns pequenos, que paulatinamente e con reservas, poderán visitarlles, falarlles e entregarlles as cartas de última hora.

Así, o 5 de xaneiro unha “troupe” de traxeados paxes reais repartirán a domicilio uns paquetes máxicos para todos os pequenos ourensáns censados (ata os 11 anos incluídos). “Este Nadal vai ser atípico, mais imos tentar manter o encanto, o que non será difícil tendo en conta que estamos a falar duns reis que son magos”, sinala o alcalde de Ourense.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button