Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A cidade de Ourense rende culto ao seu patrón, San Martiño

Coa procesión e horna na Catedral arrancaban os actos na mañá do 11 de novembro

 

“Neste día grande, quero ter máis presente que nunca os valores que foron a luz que guiou toda a existencia do noso patrón, como son a humildade e xenerosidade, o traballo, a constancia e o espírito de sacrificio. Neste ideario debemos movernos todos, máxime aqueles que temos a alta honra e a responsabilidade de ser os representantes dos cidadáns, procurando unha mellor convivencia, alimentando o entendemento, a solidaridade, fortalecendo os nosos valores para dar resposta a todas ás necesidades dos ourensans e daquelas persoas mais vulnerables que nos últimos anos víronse mergulladas nunha destrutora crise”.

Con estas palabras, arrancaba a ofrenda ao San Martiño de Gonzalo Pérez Jácome, no decurso da misa maior celebrada esta mañá na Catedral. “Hoxe é un día especial, pois por primeira vez como alcalde cumpro cunha longa tradición”, dixo diante do altar e de todos os fegreses, asegurando que “quero asumir o meu compromiso con todos vos e á vez impulsar as medidas necesarias para conquistar ese futuro colectivo. É o momento de mirarnos aos ollos, de falarmos claro e de asumir responsabilidades, sendo conscientes de que só así se poderá converter Ourense nun espazo de vida e de benestar no que todos poidamos sentirnos orgullosos. Non é tempo de reproches, senón de valentía, traballo e servicio público. Temos por diante moitos retos. O principal é o da igualdade e o de xerar riqueza que teña unha incidencia determinante na nosa actual situación socio económica”.

 

O alcalde de Ourense Gonzalo Pérez Jácome durante a misa.

 

Hoxe 11 de novembro, festivo en Ourense, é o día en que a cidade honra ao seu patrón coa procesión encabezada pola corporación municipal “baixo mazas” desde a Casa do Concello ata a Catedral de San Martiño, e a posterior eucaristía harmonizada pola Coral De Ruada e presidida polo bispo da diócese, monseñor José Leonardo Lemos Montanet, na que se deron cita centos de devotos.

A festa continúa pola tarde co magosto popular no parque Barbaña, con castañas asadas, bolos preñados e viño.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button