En portadaÚltima hora

A cifra de positivos polo coronavirus ascende a 39 en Galicia

Así se reflexa nas últimas estatísticas feitas públicas polo Ministerio de Sanidade

Recomendacións sobre o coronavirus.

 

Segue a medrar o número de persoas infectadas polo coronavirus en Galicia. Así se reflexa nos últimos datos feitos públicos polo Ministerio de Sanidade, no que esta comunidade autónoma rexistra 39 casos, se ben nesa estatística non se precisan as cifras por provincia.

Fonte: Ministerio de Sanidade. Información actualizada na mañá deste 11 de marzo.

 

Fernando Simón Soria, director do Centro de Coordinación de Alertas e Emerxencias Sanitarias, sinalaba na rolda de prensa que ofrecía esta mañá de 11 de marzo que dos máis de 2.000 casos positivos confirmados en España, arredor do 78% están en catro comunidades autónomas (Madrid, País Vasco, A Rioxa e Cataluña).

“O resto de comunidades supoñen un 22%, pero ningunha comunidade está exenta do risco de transmisión, de que poida haber brotes”, aseguraba Simón, quen ademais recomendaba que “as comunidades con menos casos deberían incrementar a garda”.

 

Fernando Simón durante a súa comparecencia ante os medios esta mañá.

 

Para esta tarde está prevista en Galicia unha rolda de prensa do conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, para informar da situación actual do coronavirus en Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button