CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

A CIG-Ensino alerta da supresión, entre outras, de 1 unidade no CEIP Manuel Respino da Rúa

O centro educativo rues perdería 1 das 8 unidades de Educación Primaria que tiña
Fachada do CEIP Manuel Respino da Rúa./ Foto: Mónica G. Bellver.

Ata 11 unidades, é dicir, clases de Infantil e Primaria poderían quedar suprimidas de cara ao vindeiro curso na provincia de Ourense.

A nova facíana pública dende CIG-Ensino alertando de que a “na reunión que se mantivo hoxe, 27 de xuño de 2018 na Xefatura Territorial de Educación de Ourense, a Administración traladounos a intención de suprimir ata 11 unidades que supoñen a perda de 11 postos de traballo”.

Segundo os datos facilitados pola CIG, son sete os centros da provincia que perderán unidades, entre eles o CEIP Manuel Respino da Rúa (había 3 unidades de EI e 8 de EP e suprimen 1 unidade de EP); o CEIP de Vilariño de Conso (suprimen 1 das 2 unidades de EP que había); e o CEIP Princesa de España en Verín (había 3 unidades de EI e 12 de EP e suprimen 1 de EP)

Aumentan no CEIP de Xunqueira de Ambía 1 unidade de Primaria e no CEIP da Inmaculada de Ourense 1 unidade de Infantil e outra de Primaria.

Artigos relacionados

Back to top button