DeportesÚltima horaVídeos

A cita contra o cancro infantil reúne en Rubiá a preto de 70 deportistas en BTT

 

Na mañá deste domingo 5 de xuño celebrábase en Rubiá a segunda edición (a primeira foi no 2019 cunha alta participación) dunha cita deportiva solidaria polo cancro infantil que ademais da andaina incluía BTT.

 

Membros do grupo de espeleoloxía e montañismo Águilas Verdes.

 

 

Unha modalidade na que participaban 67 persoas que percorrían os 30 quilómetros previstos pola organización (o Concello de Rubiá e o grupo de espeleoloxía e montañismo Águilas Verdes), por unha parte da Serra da Enciña da Lastra.

Eran os primeiros en saír, tomando a saída ás 9:30 horas dende a praza da Baicela. Entre os colaboradores estaban tamén membros das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da Rúa, do Barco e da P. de Trives.

Máis información e fotos no seguinte enlace: https://osil.info/alta-participacion-na-proba-deportiva-e-solidaria-polo-cancro-infantil-en-rubia/

 

 

 

Fotos de vídeos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button