PolíticaÚltima hora

A cita electoral do 12 de xullo en Manzaneda

 

Un total de 774 persoas están chamadas ás urnas no municipio de Manzaneda na cita electoral deste 12 de xullo en Galicia. A elas hai que sumar outras 233 inscritas no Censo Electoral de Residentes Ausentes (CERA).

As votacións transcorrían con normalidade durante a mañá nos locais electorais, nos que se contaba coa presenza de Protección Civil de Manzaneda para garantir o cumprimento das medidas de seguridade sanitaria.

Ademais os voluntarios de Protección Civil de Manzaneda tamén se desprazaban a outros lugares da provincia para colaborar no desenvolvemento nestas eleccións, como é o caso da cidade de Ourense ou de Quereño (Rubiá).

Ás 17h. a participación rexistrada en Manzaneda era dun 42,64%, un 8,75% que nos comicios galegos do ano 2016.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button