Publicidade
Entrevistas

“A coitelería é como unha ciencia”

O valdeorrés Alberto Castro, un dos referentes galegos en coitelos artesanais, reivindica a tradición galega das ferrerías
Alberto Castro no seu obradoiro./ Foto: Carlos G. Hervella
Alberto Castro no seu obradoiro./ Foto: Carlos G. Hervella

Foise formando de xeito autodidacta e agora sente auténtica paixón polos metais e pola coitelería artesá, que califica de complexa e moi cara, pero tamén de engaiolante. “Son moitos anos para controlar isto, a forxa é o máis difícil. Ten moito de paleometalurxia, moita investigación, moito que ler… é un mundo inmenso”. Castro tense convertido nun dos referentes galegos neste mundo e posúe a súa propia marca rexistrada “Cuchillos A. Castro”, se ben matiza que para el segue sendo un hobbie, non unha actividade económica. “Nunca pretendín facer negocio con ela, é unha afección, o que pasa é que cando xa vas adquirindo un nivel alto, en internet xa te queren encasillar en que es coiteleiro, pero non, eu son enfermeiro”.

A súa formación como coiteleiro foina adquirindo en internet, algo que contrasta coa aprendizaxe dos antigos ferreiros…
Hoxe grazas a internet non necesitas ningún mestre, pouco a pouco, coa práctica e lendo, vas sacando as técnicas e uns artesáns imos aprendendo doutros. Antes isto pasaba de pais a fillos, agora xa non é así.

¿Como empezou a traballar?
Empecei como todos, aproveitando un anaco de ballesta. Era cortalo coa radial, aproximala ao que sería a forma e baleirar un coitelo, templalo cunha fragua de carbón… Ao principio usaba catro ladrillos refractarios, un tubo e un secador de pelo, ademais de carbón de barbacoa. Así estiven dous anos e sacando pezas bastante interesantes. Pero, claro, as horas que botabas para facer un coitelo non tiñan sentido, era un traballo lento e laborioso.

Co tempo, ves como vas mellorando e subindo o caché no que sería o mundo coiteleiro e vas investindo: primeiro unha lixadora, que xa che permite unha finura e unha velocidade de traballo. Despois, méteste nun taladro de columna, en aceiros distintos, nun forno de revenido, nunha pulidora e, hai pouco, no forno de temple que tivo un custe alto, pero que xa che dá acceso aos metais, aos aceiros inoxidables. Nesta afección chega un momento no que para mellorar necesitas ampliar maquinaria, non hai máis. E agora se quixese dar un saltiño máis na forxa tería que mercar un martinete (o que chamaban antes un martelo pilón), ou facelo eu, porque moitas veces tamén facemos as máquinas nós mesmos. Por exemplo, as fraguas que teño fíxenas eu. Entón, non só é a coitelería, senón a maquinaria que hai detrás.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella
A entrevista íntegra pode lerse na edición en papel de xullo do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close