EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

A colleita 2017 da D.O. Monterrei, cualificada de “moi boa”

Panel de cata de cualificación da colleita do 2017 da D.O. Monterrei./ Foto: CRDO Monterrei.

Representantes de asociacións profesionais do sector e do panel oficial da D.O. Monterrei participaban na mañá do 25 de abril na “Cata de Cualificación da Colleita 2017” desta denominación. Tiña lugar nas instalacións deste consello regulador, en Verín.

Co fin de evaluar a presente colleita, unha representación proporcional de viños da denominación sometíase ao exame do panel. As mostras foron analizadas por cada un dos catadores, que realizaron unha valoración “a cegas” de todas elas, para manter deste xeito criterios de obxectividade ao tratarse de mostras anónimas.

A nota final resultaba do cálculo da media das puntuacións concedidas por cada catador a cada unha das mostras, incluíndo neste cálculo tanto as referencias de tintos como de brancos. Finalmente, esta puntuación trasladouse a unha táboa de correspondencias onde obtén a cualificación de colleita, tal e como se informa dende o CRDO Monterrei.

Deste xeito, o equipo de catadores cualificaba de “moi boa” a añada do 2017 e, no caso dos brancos, resaltaba que “existe unha destacada diversidade motivada polas variedades, solos e altitudes, cunha alta intensidade aromática; mentres que nos tintos, ademais da diversidade, encontramos viños tanto para consumo inmediato como outros con potencial de envellecemento”.

O panel de cata, que foi recibido pola presidenta do Consello Regulador, Lara Da Silva; estaba formado polos seguintes expertos:

– Sonia Molero (secretaria xeral da Asociación de Sumilleres de Galicia ‘Gallaecia’).
– Juan Ramón Fuentes (Panel Oficial del CRDO Monterrei).
– Constantino Iglesias (presidente de la Asociación Gallega de Catadores).
– Luis Paadín (Guía de Vinos y Destilados de Galicia).
– María Bueno (Galicia en Vinos – Faro de Vigo – La Opinión A Coruña).
– Nuria De la Torre (Asociación Galega de Enólogos).
– Vania González (Panel Oficial del CRDO Monterrei).

Artigos relacionados

Back to top button