En portadaÚltima hora

A colleita de uva na D.O. Valdeorras roza os 7 millóns de quilos

Son dous millóns máis que o recollido na pasada campaña, segundo o consello regulador

Labores de vendima en Valdeorras./ Foto: CRDO Valdeorras.

 

Dende o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras vén de darse por concluía a campaña de vendima. En total recollíanse  6.798.065 quilos de uva recollidos, o que supón un incremento de dous millóns de quilos con respecto ao ano pasado ou, o que é o mesmo, case un 45% máis.

Tras case dous meses de traballo nas viñas por parte das diversas adegas pertencentes ao consello regulador, constátase que “a deste ano ten sido unha das vendimas máis abundantes da década”, segundo afirma o presidente do organismo, José Luis García Pando. “Un ano máis, as nosas uvas signifícanse especialmente pola súa gran calidade”, engade.

A produción por variedades

Por variedades, sitúase á cabeza en cantidade a uva godello (con máis de 3,5 millóns de quilos), seguida da mencía, con máis de 1,8 millóns de quilos. Da variedad alicante recollerónse 849.822 quilos e da jerez (palomino fino) un total de 505.470. Tras estas variedades aparecen a sousón (40.377 quilos), a tempranillo (27.414), a albarello (9.819 quilos), a merenzao (9.333 quilos), a mouratón (2.985 quilos), a dona branca (2.528 quilos), a caiño (934 quilos), a torrontés (647 quilos) e a albariño (307 quilos).

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close