SanidadeÚltima hora

A comarca de Valdeorras entra esta noite en nivel 2 de alerta sanitaria

O conselleiro de Sanidade explicou en rolda de prensa as medidas restritivas que afectan especialmente a Ourense e Barbadás

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa.

 

A partir das 00:00 h. de hoxe a comarca de Valdeorras entra en nivel 2 de alerta sanitaria, quedando prohibida a saída da cidade de Ourense e de Barbadás así como a reunión de “persoas non conviventes” (que non viven xuntos) no Barco de Valdeorras, Barbadás, Verín e na comarca do Carballiño, ademais de manter a mesma restrición en Ourense, onde xa estaban en vigor dende o pasado venres. Segundo o estudio do perfil dos casos de covid 19 en Ourense, pódese observar que os contaxios céntranse fundamentalmente no ámbito das xuntanzas familiares de non conviventes.

Estas medidas restritivas pola covid-19 impostas pola Consellería de Sanidade “fundaméntanse na prevención e na anticipación, ademais de en criterios técnicos”, afirmou o conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, na rolda de prensa que daba esta mañá para explicar as conclusións da xuntanza do Comite clínico que fai seguimento da evolución da covid-19 en Galicia.

Segundo explicou Comesaña, “aínda que a situación en Galicia a día de hoxe é estable e con tendencia á baixa, hai determinadas zonas con taxas de incidencia situadas en parámentros preocupantes”. Referiuse así concretamente aos concellos de Ourense e Barbadás, nos que “queda é restrinxida a mobilidade polo que os seus habitantes non poderán desprazarse fóra deles agás por motivos laborais, escolares ou sanitarios”, dixo asegurando que “as medidas de Ourense son proporcionadas e iranse revisando semanalmente e ampliando, mantendo ou reducindo en función dos resultados”.

Entre estas restricións xerais do nivel destacan a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería -onde ademais estará prohibido o consumo en barra-, así como en bibliotecas, academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado entre outros. Tamén se establece a limitación do número máximo de persoas nas xuntanzas tanto privadas como na vía pública fixado nun máximo de 10 persoas; así como a redución dos aforos en celebracións, velorios e lugares de culto.

As restricións especificaranse no DOG que Sanidade publicará hoxe.

Artigos relacionados

Back to top button