En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 178 casos activos de Covid, 9 menos que onte

Soben os positivos na Rúa e descenden no Barco e Petín

Panorámica da Rúa.

 

Unha xornada máis descende a curva de Covid-19 na comarca de Valdeorras cunha importante baixada no número de casos activos, rexistrando neste 3 de agosto un total de 178 casos activos de Covid, 9 menos que onte, segundo os datos do Sergas actualizados ás 18h. de onte.

Tan só A Rúa experimenta un incremento de casos nesta xornada con 34 positivos, 1 máis que onte. Por contra, baixan os casos activos no Barco con 111 positivos, 9 menos que onte; e en Petín que pasa de 2 a 1 caso.

No resto de municipios mantéñense as cifras de onte: en Larouco hai 5 positivos, no Bolo 4 positivos, en Carballeda 3, na Veiga 4, en Rubiá 5 e en Vilamartín 11.

1.715 casos activos na provincia

Tamén descensen os casos activos na provincia de Ourense, que rexistra un total de 1.715 casos activos, o que supón 53 menos que onte.

 

Artigos relacionados

Back to top button