ConcellosEn portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 626 positivos de Covid, 32 menos que onte

O Barco. /Foto: A.R.

 

Unha xornada máis mantense a tendencia á baixa nos casos activos de Covid en Valdeorras. Así neste mércores 26 de xaneiro, segundo os datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), a comarca rexistra un total de 626 positivos, o que supón 32 menos que onte.

Por concellos, unicamente soben os casos en Carballeda de Valdeorras con 31 positivos (2 máis que onte) e Larouco con 56 positivos (1 máis que onte). Por contra baixan os contaxios no resto dos municipios: O Barco conta con 332 casos (22 menos que onte), O Bolo con 14 positivos (4 menos que onte), Petín con 2 (2 menos que onte), A Rúa con 72 positivos (1 menos que onte), Rubiá con 62 (1 menos que onte), a Veiga con 28 positivos (4 menos que onte) e Vilamartín con 29 positivos (1 menos que onte).

O Hospital de Valdeorras rexistra hoxe 7 ingresos, o que supón 2 menos que onte.

Artigos relacionados

Back to top button