En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras rexistra 816 positivos por Covid, 3 menos que onte

Vista do Barco. /Foto: A.R.

 

Aínda que de forma leve, unha xornada máis mantense o descenso no total de casos activos en Valdeorras. Así, segundo os datos comunicados hoxe pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte), a comarca ten neste xoves 20 de xaneiro, 816 positivos, o que supón 3 menos que onte.

As cifras de contaxios activos baixan en 4 dos municipios de Valdeorras. Así O Bolo rexistra 29 positivos (6 menos que onte), Carballeda ten 20 positivos (5 menos que onte), Larouco 67 positivos (2 menos que onte) e Petín 14 positivos (3 menos que onte).

Pola contra, hai outros catro concellos valdeorreses que presentan suba nos casos activos: O Barco con 459 positivos (8 máis que onte), A Rúa con 114 (2 máis que onte), A Veiga con 16 (1 máis que onte) e Vilamartín con 37 positivos (2 máis que onte).

Por outra banda, Rubiá rexistra 60 positivos a mesma cantidade de onte.

Artigos relacionados

Back to top button