ConcellosEn portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras ten 52 casos activos de Covid, 4 máis que onte

Publicidade
O Barco./ Foto: A.R.

 

Lixeira suba nos casos activos de coronavirus en Valdeorras. Na xornada deste mércores 15 de xuño a comarca rexistra un total de 52 positivos, catro máis que onte, segundo os últimos datos feitos públicos pola Consellería de Sanidade (actualizados ás 18h. de onte.

Sobe o número de casos activos no Barco con 27 positivos (4 máis que onte), en Petín con 2 (1 máis que onte) e en Vilamartín con outros 2 (1 máis que onte). Pola contra, baixan os contaxios en Larouco que queda libre de Covid, e na Rúa que ten 16 (1 menos que onte).

No resto de concellos mantense o número de positivos igual que onte: Carballeda ten 1 positivo, Rubiá ten 2, A Veiga outros 2 e O Bolo segue libre de coronavirus.

No que se refire aos ingresos, o Hospital Público de Valdeorras rexistra 2 ingresos en planta por Covid, 1 máis que onte.

Artigos relacionados

Back to top button