En portadaÚltima hora

A comarca de Valdeorras ten 98 casos activos de Covid, 6 menos que onte

Baixan os positivos na Rúa e en Larouco

Panorámica da Rúa.

 

Baixan os casos activos de coronavirus en Valdeorras. Na xornada deste xoves 26 de agosto a comarca rexistra un total de 98 casos activos, o que supón 6 menos que onte, segundo os datos comunicados polo Sergas e actualizados ás 18h. de onte.

Os concellos que baixan en casos activos son A Rúa que rexistra 23 positivos, 5 menos que onte; e Larouco con 1 caso, 1 menos que onte.

O resto dos concellos repiten os datos de onte: O Barco segue con 50 casos activos; A Veiga ten 13 positivos; Vilamartín de Valdeorras ten 6; Carballeda de Valdeorras ten 3 positivos; e tanto O Bolo como Rubiá teñen 1 positivo cada un. O concello de Petín mantense unha xornada máis libre de coronavirus.

 

Artigos relacionados

Back to top button