En portadaGalerías de fotosÚltima hora

A comarca trivesa reivindica unha “igualdade real” no 8M cunha marcha

No mediodía deste venres tiña lugar unha manfestación polas rúas de Trives, seguida da inauguración da exposición “Mulleres trivesas, mulleres tigresas” na sala de Santa Leonor

Dende a praza do Concello partía ás 12h. deste 8 de marzo en Trives a manifestación convocada con motivo do Día Internacional da Muller. O percorrido polas rúas da vila iniciábase tras a lectura dun manifesto por parte da directora do CIM do Concello de Trives e ía encabezada por unha pancarta co lema “Por unha igualdade real”.

Nesta marcha participaban preto dun cento de mulleres e homes da comarca da Terra de Trives (Trives, Manzaneda, San Xoán de Río e Queixa) para defender os dereitos da muller e para festexar todos os logros acadados nestes anos.

A manifestación finalizaba na Sala de Exposicións de Santa Leonor coa danza interpretada por Darija Cz e coa posterior inauguración da exposición fotográfica “Mulleres Trivesas, Mulleres Tigresas”, cuxas protagonistas son as mulleres de Trives, Río e Manzaneda. Todos os asistentes ao acto recibían á entrada da exposición unha pulseira de cor violeta coa inscrición “son valiosa”.

Conferencia e teatro

Este mesmo vernes día 8, ás 20h. no Auditorio Julio Vázquez, o historiador e veciño de Guístolas (San Xoán de Río), Miguel García-Fernández impartirá unha conferencia interesante conferencia sobre “Señoras e campesiñas na Idade Media trivesa. Unha aproximación á nosa historia”.

Trátase dun achegamento a mulleres loitadoras noutras épocas nas terras de Trives, “mulleres que se fixeron oír e valer nun tempo que era casi imposible e así poder tamén analizar os avances e o camiño andado poe estas comparando as distintas datas. Unha importante visión do pasado que nos remarcará a importancia da muller na sociedade desde todos os tempos”, indican dende o Concello trivés.

Ademais dentro do marco do Día da Muller, o domingo 10 de marzo ás 18h. no Auditorio Julio Vázquez terá lugar a representación teatral “Loló e mamá”. Esta peza desde o punto de vista educativo e da igualdade, “aborda, cun equipo artístico 100×100 feminino, dilemas da muller que conviven connosco días a día. As entradas poderán retirarse no auditorio desde media hora antes da función. Ten un aforo limitado e o prezo é de 3€”, matizan dende a organización.

Fotos: Concello da Pobra de Trives

Artigos relacionados

Back to top button