SanidadeÚltima hora

A comarca trivesa volverá a protestar contra a supresión do servizo de pediatría no verán

Está convocada unha concentración para as 12h. do 1 de agosto na praza do Pilón da vila
Imaxe da concentración celebrada o 17 de xullo no exterior do Centro de Saúde de Trives./ Foto cedida.

Os veciños da comarca de Terras de Trives voltarán a saír á rúa o vindeiro 1 de agosto para manifestar o seu rexeitamento á supresión do servizo de pediatría durante os meses de xullo e agosto no Centro de Saúde de Trives. Unha medida que lles obriga a desprazarse para realizar as revisións ata o Centro de Saúde de Maceda ou ao da Rúa.

Esta concentración, a segunda en apenas quince días en Trives por este mesmo motivo, está convocada polos pais e nais da comarca para as 12h. pero desta volta será na praza do Pilón. “Convidamos a unirse a todos aqueles e aquelas que queiran prestarnos o seu apoio”, aseguran os convocantes.

Artigos relacionados

Back to top button