EconomíaEconomíaÚltima hora

A comisión convida a unha ‘pancetada’ para abrir as Festas de San Antón, en Fontei (A Rúa)

 

A Rúa en xeral e Fontei en particular están esta fin de semana en festas. Dende onte e ata o luns 13 de xuño, festivo local na Rúa, celébrase o San Antón de Padua cun programa elaborado pola comisión, no que destaca o apartado musical co regreso do baile á praza Enriqueta Casanova.

O que aínda non regresou foi a Cea Popular coa que se abría o programa antes da pandemia. No seu lugar, a comisión decidía convidar aos asistentes a unha ‘pancetada’. Así o facían e na noite do venres 10 de xuño arrancaban as Festas de  San Antón 2022 con panceta á grella para todos no bar que a comisión ten instalado no recinto da festa e a sesión musical a cargo dun dj.

A festa continúa hoxe co baile na praza a partires das 23 horas amenizado por Disco Móvil Chocolate. Mañá haberá sesión vermú a cargo da orquestra Pontevedra que tamén amenizará o baile en sesión de tarde (21:30 horas) e verbena (1:30 horas).

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button