SanidadeÚltima hora

A Comisión de Centro da Área de Ourense, Verín e O Barco demanda material de protección para os traballadores sanitarios

Hospital Universitario de Ourense./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Dende a Comisión de Centro do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO), así como dende a Comisión Delegada de Verín e a Comisión de Atención Primaria da Área de Ourense, Verín e O Barco, vén de emitirse neste 20 de marzo un comunicado para pedirlle ás autoridades  “competentes na materia” a dotación “inmediata de material de protección aos traballadores da sanidade pública en Ourense” para poder traballar en “condicións axeitadas”.

No comunicado estas comisións recoñecen “a novidade da situación, o difícil das respostas, tanto para autoridades como para nós mesmos, sindicatos. Ninguén nunca na sanidade pública enfrontouse a situación semellante. Por elo pensamos desde a Comisión de Centro en facer por responsabilidade un traballo o
máis construtivo posible. Pero a realidade está superando o que todos pensabamos, cando dicimos todos, dicimos todos: administración, sindicatos e traballadores. Todos temos que ser conscientes do momento en que nos atopamos, pero non a calquera prezo, non o prezo da saúde e, en algúns casos, esperemos que poucos, a vida dos sanitario/as”.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button